jueves, 8 de mayo de 2014

A HORA DO BAÑO

Igual que a boneca, este libro de imaxes é moi laborioso, leva moito tempo realizalo e son moitos os pasos a seguir.
Este sería un libro de imaxes que poderíamos usar cos nenos para traballar a rutina da hora do baño. 



O protagonista deste libro é o meu primo Miguel, que se presentou voluntario para este traballo.
O libro consiste nunha secuencia que vai dende o momento en que o neno ten que espirse ata que vai a bañeira e se baña. Para iso, pedimos a colaboración dos nenos:


Primeiro realicei os debuxos dos nenos, que simulan a Miguel, así como as súas prendas de vestir.


Pedimos a colaboración posto que nos tamén vamos ir espindo o boneco, pois pola parte de atrás dos muñecos peguei un imán pequeno e pola parte de atrás da roupa que se lle saca, unha folla pequena de metal, tapada con cinta de carpinteiro e plastificada posteriormente, polo que non resulta nada perigoso, así a roupa queda pegada ao corpo do muñeco e podemos ir desventindoo. 

Vamos ir vendo secuencia a secuencia:

1º Xersei: nesta secuencia observamos como a esquerda está a fotografía de Miguel e nela sae quitándose o xesei, nos temos que ir facendo o mesmo co debuxo que o representa que está á dereita.




2º Zapatos: igual que co xersei, agora Miguel saca os zapatos:



3º Pantalón: agora é o turno do pantalón



4º Bañarse: hai que axudar a Miguel a entrar na bañeira


A parte de atrás da bañeira está pintada na propia cartolina do libro, e a de diante está feita nunha cartolina diferente, pintada e plastificada para que non se rompa ao estar metendo e sacando ao boneco da bañeira.

5º Enxaboarse: Nesta ocasión quen se move é o xabón, podemolo sacar e colocar enriba da bañeira as veces que o desexemos. 




Igual que na secuencia anterior, a bañeira está debuxada e coloreada na propia cartolina do conto, pegando enriba ao debuxo que representa ao propio Miguel, colocando enriba a parte de adiante da bañeira e dandolle un toque orixinal de espuma, xa que Miguel se está enxaboando, con goma eva branca. Desta maneira a secuencia gaña moito en volumen e en textura.

6º Aclararse: Nesta secuencia nada leva imán, pero fago un xogo de texturas coa bañeira superposta igual que nos casos anteirores e cun grifo colgando e botando auga xa que Miguel se está aclarando, todo isto simulado con goma eva.

7º Secarse: Miguel xa está bañado e agora ten que secarse. Observando a foto de Miguel vemos que está tapado cunha toalla, así que fixenlle unha toalla ao debuxo con fieltro azul clariño.


A MIÑA BONECA

Moi laboriosa e con moitos pasos:

Comézase por os pés: Merquei unha especie de bólas ovaladas de poliespan, abrinas a metade cun cutter e así xa estaba a base feita para os pes. 



Despois cortei un anaco de goma eva, de tamaño suficiente para tapar o pen. Quentei a goma eva coa plancha para que sexa máis maleable e púxena enriba do pé da boneca para que collera a súa forma, ao tempo que se estira o máximo posible para que non colla engurras. 


Unha vez que xa teña a forma, pégase a goma eva ao poliespan con loctitee cortase o trozo sobrante. Despois cortei unha tita de goma eva da mesma cor que a do zapato, para porlla por diante, para que quedara máis bonito.



 2º As pernas: Cortei dous anacos de goma eva de cor carne e de tamaño similar para as dúas pernas. Quentei a goma eva coa prancha e enroleino para que tivera a forma de perna. Boteille loctite a un dos extremos para pegalos aos zapatos.



3º O vestido: a miña boneca está dobremente protexida, pois primeiro fíxenlle un vestido dunha cor e despois decidín que prefería outra que me gustou máis. Para elaboralo pintei polo lado de atrás da goma eva unha especie de vestido aberto pero sen mangas. Despois había que unilo con loctite. 


Unha vez unido, fíxenlle unha base pa por debaixo do vestido que sería o punto de unión coas pernas.
Para que a boneca quedara dereita e non caira pa atrás, metinlle un pau de pincho moruno a cada unha.

4ª A cabeza: para a cabeza merquei unha bola de poliespán. Cortei dous anacos similares de goma eva de cor carne, para tapar a bóla por ambos lados. Quenteinos coa prancha e dinlle a forma da bola.



 Despois peguei con loctite.
*Dicir que cada vez que vamos pegar goma eva ao poliespan, para que se pegue ben, cubrimos unha parte do poliespan con cinta de pintar, e botamos aí o loctite, así o pegado resulta moito máis efectivo.

5º: Os rizos: para os rizos cortei varias tiras de goma eva amarela, enroleinas no lapis e quenteinas coa prancha, para que collera esa forma.


 Despois, funos pegando a cabeza da boneca.




6º As mangas do vestido: cortei dous anacos de tamaño similar da mesma cor que o vestido. Paseilles a prancha e dinlles a forma desexada. Pegueinos ao vestido con loctite.

7º: Os brazos: os brazos están feitos de goma eva cor carne. Para que me saíran iguais, primeiro fixen o boceto nun folio e copieinos por ai. A maioría das fafuchas soen ter uns brazos e mans moi delgados, pois so lles poñen unha tira de goma eva; a miña boneca non ten esa problema, pois fixen dúas tiras por cada brazo e para que tivera forma, metinlle tiras de goma eva por dentro.


Despois metín os brazos por dentro das mangas do vestido e pegueinos ao vestido con loctite.




8º Adornar os zapatos: para que quedaran máis bonitos cortei catro tiras de similar tamaño, para pegar dúas en cada zapato e cada tira cun anaco de goma eva con forma de círculo, como se as tiras fosen para amarrar o zapato e os círculos o broche onde se enganchan.



9º O lazo da cabeza: cun anaco de goma eva violeta, tras pasarlle a prancha dinlle a forma de lazo e pegueino na cabeza da boneca con loctite.



10º O cinto: unha tira fina da mesma cor que o vestido, serve para facerlle un cinto a boneca e que o seu vestido luza máis bonito, cunha fibela a xogo cos zapatos.


11º  A cara: para iso so me fixo falta rotuladores finos para poder darlle cor e forma a cara da boneca.

12º A carpeta: este era un motivo simpático relacionado coa materia para a que realicei esta boneca: unha carpeta chea de folios, que ten como nove “Taller de Creatividade”




13º A mochila: como boa estudante, a esta boneca non lle podía faltar a súa mochila, realizada con goma eva azul e branca. 

Finalmente, moldei os brazos co secador, e peguei un ao corpo, o outro é o que leva a carpeta.

Resultado final:



O XOGO DOS COELLOS

ELABORACIÓN:

A mamá coello: necesitei un vaso de plástico que cubrin con fieltro gris para simular a pel do animal. Para que me quedara perfecta a unión do cu do vaso co resto, precisei doutro vaso de plástico.  Tapei a parte de abaixo doutro vaso con fieltro gris e recorteino, asegureime de que quedara ben todo o borde, despois peguei o cu dese vaso enriba do vaso da mamá coello e xa quedou perfecto.

As orellas están feitas con fieltro gris e rosa. O bigote son tiras de fieltro rosa e o nariz unha boliña como de algodón rosa recortada, igual ca do seu rabo. E por último pegueille os ollos.






Os coelliños: os coelliños están feitos con “goma eva toalla”, polo lado da “toalla” da maior sensación de “pelo”, pois ten relevo. Son catro coellos de diferentes cores: azul, amarelo, vermello e verde. O rabo de cada un é da mesma cor que o seu corpo. Cada coello ten unha tira que é pola que se debe agarran o coelliños para intentar escapar da nai.



O dado: merquei un dado normal e a cada lado pegueille unha cor diferente. Todas son cores empregados nos coellos: azul, vermello, amarelo e verde (nos coelliños) e gris e rosa (na mamá coello).




Regras do xogo: repártense a mamá coello e os coelliños entre os presentes. O neno que ten a mamá coello tira o dado co cubilete e, rapidamente, lanza a mamá coello sobre o coelliños da cor que lle tocou.  Como hai dúas cores a maiores dos coelliños que hai, estas tamén teñen significado: Se sae gris a mamá coello non poderá atrapar a ningún fillo pero, se sae rosa, todos os coelliños deberán estar alerta, xa que a mamá poderá ir por calquera deles.

Os nenos que teñen os coelliños deben intentar que a súa mamá non os colla, para iso moveran a tira que teñen amarrada a cola. ¿Quen será máis rápido: a mamá ou os coelliños?


Resultado final: